Skip to main content
Axenda CaducadaLugo

Alcer Lugo organiza un obradoiro de cociña para pacientes renais

Por 6 Febreiro, 2024Sin comentarios

A Asociación para a Loita contra as Enfermidades Renais de Lugo organiza un obradoiro de cociña gratuíto con temática de Entroido, deseñado especialmente para pacientes renais. Esta iniciativa busca brindar aos participantes unha experiencia culinaria divertida e saudable, adaptada ás súas necesidades específicas.

O curso, que se levará a cabo no centro social María Balteira, situado en Rúa Angelo Colocci, 19, o día 8 de febreiro ás 10.00 ata ás 14.00, tendo unha duración de 4 horas. Os interesados poden anotarse no teléfono 619 609 797.