Skip to main content
Lugo

O centro social A Hedreira organiza obradoiros de capoeira, danza do ventre, Kpop e teatro

Por 11 Febreiro, 2024Sin comentarios

Como parte da programación deste ano, o centro social autoxestionado A Hedreira organiza obradoiros de capoeira, danza do ventre, kpop, teatro e pole dance. Ademais tamén poñen en marcha un club de gancho e calceta e unha actividade para aprender galego dirixida aos inmigrantes.

As clases de capoeira, ás que se pode anotar a través do 663 664 114, impártense os martes de 19.00 a 20.30 horas. Proporciona técnica, forza, coordinación motora, equilibrio estático e dinámico, ademais de ser un exercicio para o sistema  vascular e para a práctica de valores como respecto. Pola súa parte, o club de calceta, que non precisa experiencia previa, organízase os luns ás 21.00 horas para poñer en práctica o punto, a calceta e contarse contos.

Os interesados na danza do ventre poden practicala os mércores de 19.30 a 20.30 horas. Trátase dunha actividade caracterizada polos seus movementos fluídos, suaves, disociados e coordinados de diferentes partes do corpo, a diferentes ritmos musicais de Medio Oriente. Pola súa parte, as clases de galego  teñen lugar os mércores de 20.30 a 22.00 horas, mentres que o grupo de Kpop reúnese de 17.00 a 19.00 horas.

O obradoiro de bicicletas, que non precisa inscrición, realízase cada martes de 19.00a 20.30 horas e pódese levar unha bicicleta propia ou axudar a outras a reparar a súa. Os amantes do teatro teñen unha cita os luns e xoves de 17.00 a 19.00 horas con Parapono Teatro. Precísase anotarse a través do 645 213 555.

Todas as actividades son de balde, aínda que como non reciben ningún tipo de subvención en base aos seus principios de autonomía e independencia, agradecen calquera colaboración. Ademais, se algunha persoa está interesada en ofrece algún taller temporal ou permanente poden poñerse en contacto co colectivo a través do correocsahedreira@riseup.net.