Skip to main content
Lugo

A Uned de Lugo pon en marcha un curso para aprender a programar en Java

Por 13 Febreiro, 2024Sin comentarios

A Uned de Lugo pon en marcha unha nova formación. Trátase dun curso para aprender a programar en Java que xa ten aberto o prazo de matrícula. A formación permitirá coñecer o funcionamento básico da contorna de desenvolvemento de programas en Java con BlueJ para saber como crear un proxecto, o paso de parámetros ou os obxectos.

Tamén se aprenderá a manexar os diferentes ficheiros que se xeran ao crear un programa en Java, e que fai cada un deses ficheiros e a saber como se documentan os programas en Java, diferentes tipos de comentarios e creación de documentación de forma automática con JavaDoc.

A actividade estará impartida por Luis Vázquez López, profesor titor con Venia Docendi en CA Lugo e profesor de Secundaria. Realizarase de maneira online, do 19 de febreiro ao 17 de marzo, e os interesados xa poden solicitar máis información ou xestionar a súa matrícula a través da web.