Skip to main content
Lugo

O PP critica “o uso partidista do PSOE con respecto ao Cuartel de San Fernando”

Por 10 Febreiro, 2024Sin comentarios

O PP critica a “utilización partidista do Cuartel de San Fernando por parte do PSOE en cada campaña electoral, xa que repite mil veces unha mentira intentando convertila nunha verdade”, critican.

Os populares afirman que “cinco anos despois de que Lara Méndez anunciase que faría con fondos propios o Museo da Romanización agora se desdice, ironizando o “pouco interese que demostra Besteiro polo Cuartel de San Fernado: nin asiste ao encontro coa plataforma MVRO pese a estar confirmado”, denuncian.

O Grupo Municipal do PP replica ao PSOE que “quen incumpre acordos son eles mesmos” e lembra que en 2019 adquiriron un compromiso formal no salón de plenos da casa do Concello coa mesma plataforma coa que se reuniu e que en 2022 acadouse un consenso de que a Administración Autonómica colaboraría no Plan Director e na musealización, quedando á espera da cantidade final que se obtería de fondos europeos.

Porén, “o Goberno local incumpre o pactado coa Xunta, xa que a primeira das solicitudes de fondos europeos lla denegaron e, na segunda liña, o Concello renunciou a presentarse”.

Así, os populares conclúen que “a incapacidade do bipartito local de conseguir financiamento europeo impide consolidar o acordado o 24 de outubro de 2022 nunha reunión celebrada a dúas bandas”.