Skip to main content
Lugo

Lara Méndez sostén que se o PSOE chega á Presidencia da Xunta farase a plataforma de baño pública no Miño

Por 11 Febreiro, 2024Sin comentarios

Lara Méndez, candidata do PSdeG por Lugo, reuniuse con veciños e veciñas no río Miño, onde asegurou que “fronte ao bloqueo absoluto por parte do PP de Feijóo e Rueda na Xunta, os grandes temas de cidade que lle interesan á veciñanza serán por fin unha realidade con José Ramón Besteiro como presidente autonómico, como é o caso da plataforma de baño pública no Miño”.

“Lugo leva perdidos 15 anos de avance e benestar por culpa do PP ata tal punto que somos o único concello onde a súa cidadanía non se pode bañar no río sen riscos e con plena accesibilidade, xa sexan os máis pequenos, os maiores ou as persoas con problemas de mobilidade”, destacou, e lembrou que “despois de anos de realizar estudos e entregar documentación por parte do Concello sobre a zona máis idónea para a plataforma de baño pública, e xa con todos os permisos concedidos, incluídos os da Xunta, no último momento volven a frear o proxecto”.

A candidata sostivo que o PP na Xunta é un lastre para a cidadanía lucense, e o maltrato respecto ao Miño é un claro exemplo, “porque nin deixa que a Confederación Hidrográfica arranxe os caneiros, xa que leva dous anos paralizando unhas obras xa contratadas e claves para garantir o estado da masa de auga no río e unha contorna mellor para a fauna fluvial, nin deixa que o Concello abra a zona de baño a pesar de que fixemos un investimento de máis de 300.000 euros para unha plataforma de accesibilidade respectuosa co medio ambiente e que se instalaría só durante os meses de verano”.

Méndez lamentou a actitude obstrucionista do PP cunha “cidade que castiga continuamente só porque os seus cidadáns levan 25 anos elixindo gobernos con alcaldesas e alcaldes socialistas á fronte, “polo que só un presidente da Xunta como Besteiro, que é de Lugo e que ama Lugo, pode axudar a gañar o que levamos perdidos nos últimos lustros debido aos continuos incumprimentos da Xunta de Feijóo, Rueda e Candia, porque esta última non aportou nada a Lugo nin cando foi durante uns meses presidenta da Deputación nin estando na Xunta”.