Skip to main content
Lugo

Candia defende que o PP construirá novas vivendas públicas en Lugo

Por 11 Febreiro, 2024Sin comentarios

Nos dous encontros que celebraron membros do Partido Popular coa veciñanza da zona centro de Lugo e tamén da contorna dos barrios da Residencia e o Castiñeiro, Candia avanzou que un dos compromisos de Rueda con Lugo é construír novas vivendas públicas cando o Concello entregue os terreos.

A popular explicou que o PSOE “retrasa de forma intencionada a cesión de parcelas para facer vivenda pública en Lugo”, indicando que “a Xunta de Galicia continúa á espera de que o Concello ofreza unha localización idónea para poder facer novos edificios”.

“Logo de usar esta cuestión na campaña de maio de 2023 para axitar o barrio do Castiñeiro, o Goberno local segue sen dar pasos poñendo en risco case 8 millóns de euros, dos que 2,8 proceden de fondos europeos para executar vivenda pública no municipio”, explicou Candia.

Actuacións do PP no ámbito urbanístico

Por outra banda, Elena Candia desacreditou aos socialistas “polas súas falsedades”, explicando que grazas aos gobernos da Xunta do PP se avanzou na rehabilitación da Tinería aproveitando instrumentos como a área rexurbe para adquirir unha trintena de inmobles abandonados, algúns en situación de ruínas, en novas vivendas.

Ademais, sostivo que se rehabilitaron uns 30 edificios, se  adxudicaron 70 vivendas e se promoveu unha vintena de locais comercias, “malia os constantes atrancos do Concello e neste momento a Xunta tramita os contratos para a redacción dos proxectos de construción de 146 novas vivendas de promoción públicas en Garabolos cun orzamento de 21 millóns de euros”.

Por último, concluía que “o PSOE non é quen de dar leccións cando en Lugo propiciaron o modelo Besteiro de urbanismo á carta cuxo expoñente máis claro foron as torres do Garañón”.