Skip to main content
Lugo

O PP denuncia retrasos de ata 60 días en dar citas coas traballadoras sociais nos centros de Lugo

Por 12 Febreiro, 2024Sin comentarios

O concelleiro popular Gustavo Díaz denunciou este luns que as citas dos usuarios coas traballadoras sociais nos centros de Lugo están sufrindo demoras de ata 2 meses para facer a primeira chamada e valorar os casos.  “Dende o PP levamos moito tempo reclamando que se cree un sistema áxil e efectivo para a substitución de profesionais e que as súas baixas laborais ou períodos vacacionais non causen saturación doutros compañeiros”.

A maiores desta cuestión o popular lembrou que o posto da traballadora social “que realizaba un control previo para que as urxencias de servizos sociais se valoren, e que coordinaba as listas de espera e citas segundo as emerxencias dos casos non está cuberto, dende hai meses”. Ademais, engade que esta situación “obriga a asumir esta función a cada Centro Social, sobrecargándoos de traballo”.

Díaz tamén insiste en “reforzar os servizos sociais con apoio técnico e administrativo” para desconxestionar, dunha vez por todas, as demoras na atención aos cidadáns para que poidan dar resposta ás novas esixencias sociais que están xurdindo en base ás necesidades e demandas da sociedade. “Neste momento os profesionais de Servizos Sociais están desbordados polas baixas sen cubrir dificultando a atención á veciñanza”