Skip to main content
Lugo

O PP de Lugo presentará unha iniciativa para intervir nas instalacións da Protectora

Por 13 Febreiro, 2024Sin comentarios

Tras a reunión de traballo mantida este luns coa directiva da Protectora de Animais e Plantas, o PP de Lugo presentará unha iniciativa para intervir de forma urxente nas actuais instalacións da Protectora, implicando no seu financiamento á Deputación, ao Concello e á Xunta. “Logo do debate dos orzamentos municipais no que o Goberno local rexeitou, tanto a alegación que presentamos para a construción da nova Protectora como as que rexistraron a directiva da entidade así como a dunha particular para mellorar estas dependencias”, o Grupo Popular mantén o seu compromiso para dar solucións á situación “insostible” das actuais instalacións.

Este xeito, tras a xuntanza coa Protectora, acordouse presentar unha proposición ao pleno deste mes de febreiro para que, de forma urxente, se interveña nesta dotación, que se atopa nun estado moi “lamentable”. Deste xeito, coinciden coa directiva da Protectora en que é “idóneo e urxente actuar”  indicando que implicarán no seu financiamento á Deputación, Concello e Xunta de Galicia. Os populares tamén apoian á demanda da Protectora para que se lles devolvan os 8.787,69 euros que aboaron en concepto de taxa de licenza dunhas obras que nunca se chegaron a efectuar.