Skip to main content
Lugo

O medio ambiente, temática protagonista do concurso de disfraces de Lugo

Por 14 Febreiro, 2024Sin comentarios

Un ano máis polo martes de Entroido celebrouse o tradicional concurso de disfraces de adultos organizado pola Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua. As e os concursantes despregaron a súas dotes imaxinativas con vistosas creacións nun desfile seguido por numerosas veciñas e veciños.

A festa non faltou durante un desfile moi animado con celebradas coreografías nas que os participantes fixeron gala de gran imaxinación con elaborados traballos. Nas personaxes nas que se inspiraron as persoas participantes lucenses tiveron, de novo, un enorme peso a reciclaxe e o coidado do medio ambiente. Durante a deliberación do xurado, formado por Noelia Pardo Fernández, profesora e representante da Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón; José Antonio Ayán, membro da asociación cultural Curuxan, conserxe na USC e José Manuel Núñez Blázquez, artista plástico, presidente da asociación Ágora Cultural e director de Velaí Tes Teatro.

O concurso comezou coa categoría de disfraces individuais na que se inscribiron cinco adultos. Nesta categoría establecéronse tres premios e dous accesit e os agraciados foron: A raíña dos Anxos e A diva do póquer, cun premio cada un de 50 euros; A dama da plumaxe, cun premio de 200 euros, Batman, o cabaleiro escuro, que se levou 300 e O cazador da xungla, que obtivo os 500 euros.

Na categoría de disfraces por parellas Saw, As cartas sobre a mesa, As Salvaxes, Mamá, eu quero a Minie e Peliqueiras de refugallo levaron un premio de por valor de 100 euros. La costurera y el sastrecillo obtivo 300 euros, Peliqueiro ou cigarrón, é Galicia, é tradición levouse 400 euros e A colleita de Peter Rabbit fíxose cos 600 euros.

O desfile rematou co paseo das comparsas, coa participación de ducias de adultos e nenos e nenas participaron e que resultou por momentos moi espectacular debido aos elaborados e orixinais traxes deseñados, así como polas animadas coreografías. Somos Bratz, De que vamos? e Gru e os Minions levaron cada un un premio por valor de 200 euros. As abellas vs Velutinas fixéronse con 600 euros, Os vikingos outeriranos levaron 800 e Meigallos, 1.100 euros.