Skip to main content
Lugo

O PP de Lugo reclama accións para minimizar a inseguridade viaria polas obras do casco histórico

Por 14 Febreiro, 2024Sin comentarios

Os populares de Lugo reclaman accións para minimizar os problemas de mobilidade, insalubridade ou de mantemento de diferentes servizos. Denuncian, deste xeito, problemas no barrio da Abella pola presenza de pombas na contorna dun edificio que está provocando problemas de insalubridade e piden información sobre si se está adoptando algún tipo de medidas dende o Concello.

Ademais, solicitan información sobre o futuro das ventás arqueolóxicas da rúa rúa Doutor  Castro, que “ofrecen unha mala imaxe aos visitantes xa que a maior parte do tempo hai cubos ou lonas sobre os mosaicos para recoller a auga que se filtran”. Por outra banda, piden que se realicen os traballos oportunos co fin de minimizar os danos no itinerario alternativo durante as obras do casco histórico, xa que “o deterioro que está a xerar o paso de vehículos por zonas peonís xerando situacións de perigo para os usuarios”.

Tamén se pon e riba da mesa a situación de inseguridade viaria que hai na rúa Monte Pena Rubia, no Barrio de Casás e pídese ao Goberno que explique se ten previsto mellorar a drenaxe deste vial. “Na súa vaguada acúmuluse auga debido á escorrentía que procede dunha fonte que cando chove provoca balsas de auga que son moi perigosas para a circulación viaria e de peóns”.

 

Cesión de terreos para a práctica do tiro olímpico

A formación política tamén quere saber en que situación se atopa o compromiso do Goberno local cos afeccionados ao tiro olímpico sobre a cesión o uso duns terreos municipais no entorno de Castelo, concretamente na parte traseira das instalacións da Xefatura Provincial de Tráfico, para a práctica deste deporte. En canto á zona rural, preguntan sobre o arranxo da fochancas da pista do camiño Agra de Muxa e tamén dunha gran fochanca na rúa xoán Rico Pérez.

“Hai que buscar  unha solución para a taxea que hai no camiño da Costa que une a Igrexa de San Láraro e a Louzaneta ten unha gran profundidade o que supón un perigo para os vehículos que aparcan na zona”. Piden tamén información sobre as augas residuais que hai en Meilán, “xa que a estación de bombeo situada nesa parroquia, cando chove moito, satúrase provocando vertidos cara ao río” e sobre a colocación dun cartel que caeu na Praza San Pedro Fiz de Muxa.

Para esta comisión de pleno tamén se inclúen dous rogos con propostas encamiñadas a mellorar cuestión de mantemento nos colexios de Anexa e o CEIP Manuel Mallo Mallo, a cuestión de repoñer os desfibriladores que foran destruídos por actos vandálicos e preguntas sobre o estado da fonte situada en Alfonso X o Sabio que foi rehabilitada e que se atopa “nun estado deplorable”.