Skip to main content
Lugo

Escolares do Menéndez Pelayo visitan o pazo de San Marcos para coñecer o funcionamento das administracións

Por 15 Febreiro, 2024Sin comentarios

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, xunto ao deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, recibiu este xoves no Pazo de San Marcos a 50 escolares do curso de 3º de Primaria do CEIP Menéndez Pelayo de Lugo. O motivo da visita foi coñecer desde dentro o funcionamento das administracións públicas que os escolares están a traballar nunha das materias que estudan nas aulas.

No encontro, que tivo lugar no Salón de Actos, José Tomé Roca explicoulles que é a Deputación e o papel que xoga no día a día dos cidadáns, e fíxolles entrega como agasallo institucional do libro Colorea a provincia de Lugo e unha mochila cun paraugas e unha gorra. O alumnado visitou o salón de plenos e a sala de xuntas, e fixo un percorrido polas instalacións provinciais, onde coñeceu parte da historia do edificio que hoxe é a sede da Deputación de Lugo. Os nenos e nenas xunto aos seus profesores completaron a visita no Concello de Lugo.