Skip to main content
Axenda CaducadaLugo

Afalu ofrece en Lugo unha formación sobre recursos e prestacións no ámbito da dependencia

Por 18 Febreiro, 2024Sin comentarios

A Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer (AFALU) organiza o vindeiro 28 de febreiro unha formación sobre os recursos públicos dispoñibles no ámbito da discapacidade. A proposta estará impartida por unha das traballadoras sociais da asociación na aula de formación centro de día alzhéimer, na rúa Poeta Díaz Castro.

Na iniciativa, que terá lugar de 10.00 a 10.00, tratarase a lei de dependencia e recursos, o recoñecemento do grado de discapacidade, a tarxeta de accesibilidade, a tarxeta AA, as deducións fiscais e novos recursos.

A formación está avalada polo SERGAS xa que se realiza dende a Escola Galega de Saúde para Cidadáns, que será a que vos remita o certificado correspondente. Os interesados xa poden realizar a súa inscrición a través da web ou tamén a través do teléfono 607 843 384 ou do correo afalu@afalu.org.