Skip to main content
Lugo

As Gándaras prepara unha sesión vermú con 10 horas de festa ininterrompida

Por 17 Febreiro, 2024Sin comentarios

O barrio das Gándaras celebra do 15 ao 19 de marzo as súas festas na honra de San Xosé. Como novidade, este ano organizan a primeira edición da Sesión Vermú Non Stop Gándaras, que terá lugar o domingo 17 de marzo. Serán 10 horas de música ininterrompida para desfrutar dun domingo de festa coma nunca.

A xornada comezará a partir das 14.00 horas da man da orquestra Acordes. A partir das 15.30 horas será a quedan dos Dj Jacobo Gómez, Alex G, Marcos peón e Yaser. A formación lucense volverá amenizar a xonrada a partir das 21.00 horas.

Esta aposta da comisión de festa súmase a unha ampla programación que inclúe verbenas a cargo de diferentes orquestras entre as que figuran París de Noia, que actuará o venres 15 pola noite, Marbella, New York, Escaparate e Acordes.