Skip to main content
Lugo

A explotación laboral e a trata de persoas: os eixes dunha nova mesa redonda en Lugo

Por 19 Febreiro, 2024Sin comentarios

A Rede TIL organiza este martes 20 de febreiro unha xornada sobre xustiza social no Vello Cárcere de Lugo. Durante o acto, que comezará ás 11.00 horas, terá lugar unha mesa redonda con profesionais do terceiro sector que falarán sobre a explotación laboral e a trata de persoas.

A apertura da xornada virá da man, a partir das 11.15 horas, de María Isabel Rodríguez, subdelegada do Goberno en Lugo; Mauricio Repetto, titular da área de Dinamización Económica do Concello de Lugo e Olga Racamonde, titular da Concellería Delegada de Benestar Social e Maiores do Concello de Lugo.

A mesa redonda comezará ás 11.30 e contará coa participación de Rosa Mosquera Pérez, de Ecos do Sur; Cristina Puigdengolas Carrera, avogada e coordinadora xurídica da Área de Muller e Loita Contra a Trata en Diaconomía España e José Manuel Sánchez Murias, capitán e xefe da Unidade Orgánica da Policía Xudicial da Comandancia de Lugo. A clausura da xornada será ás 13.30 horas.