Skip to main content
Lugo

O PP de Lugo leva a pleno unha iniciativa para ampliar o horario dos enterros no cemiterio municipal

Por 17 Febreiro, 2024Sin comentarios

Os populares defenderán no pleno unha iniciativa para que se amplíe o horario dos enterros no campo santo municipal xa que “dende a pandemia se recortou e só se permiten sepelios polas mañás”, concretamente de 10.00  a 13.30 horas.  O PP acusa ao BNG “de impoñer un horario restritivo para que os lucenses se enterren só de mañá no cemiterio de San Froilán”. Na iniciativa solicítase que haxa máis operarios no cemiterio para cubrir ás demandas dos lucenses que queren facer enterros en horario de tarde.

O popular Gustavo Díaz explicou que é preciso cubrir o posto de operario de cemiterio, que vén de quedar vacante, así como sacar a concurso as 2 prazas que figuran na Relación de Postos de Traballo para ampliar, deste xeito, o persoal a 8 traballadores e así poder dobrar quendas de traballo ás tardes. Dende o PP lamentan que as rivalidades políticas impacten directamente nos servizos que se prestan aos lucenses explicando como “o BNG depende que a área de persoal, que xestiona o PSOE, que é quen debe axilizar a incorporación de novos traballadores e cubrir as vacantes que se produzan”.

Gustavo Díaz asegura que “a situación actual de reducir o horario dos enterros en horario de mañá podería terse evitado cunha mellor coordinación e planificación das dúas partes do goberno” indicando que “o radicalismo dos nacionalistas afecten a aspectos tan íntimos da vida cotiá como son os horarios dos enterros”.