Skip to main content
Lugo

Elena Candia anima a votar nunha xornada na que “Galicia decide o futuro dos próximos catro anos”

Por 18 Febreiro, 2024Sin comentarios

Tras exercer o seu dereito a voto, ás nove e media da mañá na mesa situada na casa do concello na praza Maior de Lugo, a candidata do PP que encabeza a lista da provincia, Elena Candia, anima “a votar en liberdade” resaltando “a importancia destas eleccións onde Galicia decide o futuro dos próximos catro anos”. A popular expresou o seu agradecemento ao traballo de todas as persoas que están axudando e contribuíndo para que a xornada electoral sexa un éxito. Mencionou  ás persoas que conforman as mesas electorais, aos representantes da administración e moi especialmente ás forzas e corpos de seguridade.

A popular tamén deu as grazas aos interventores e apoderados do Partido Popular pola súa implicación e compromiso e indicou que ten previsto visitar todas as mesas electorais do municipio de Lugo para trasladárllelo de forma persoal.