Skip to main content
Lugo

Besteiro vota en Lugo con «moi boas vibracións» nun «día histórico»

Por 18 Febreiro, 2024Sin comentarios

O candidato do PSdG á Presidencia da Xunta de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, exerceu este domingo o seu dereito a voto no CEIP Rosalía de Castro, en Lugo. “Hoxe é o día onde todos diremos que Galicia de futuro queremos e dende o Partido Socialista ademais que fixemos unha campaña tan en positivo animando a todo o mundo que saia a votar para decidir o futuro de Galicia”. Anima así a todos os galegos a acudir ás mesas electorial e así “sumar nesta festa da democracia”

Besteiro referiuse á xornada de hoxe coma “un día histórico” e destacou  as “moi boas vibracións”, aínda que prefire ser cauto e esperar ata os resultados. Pola súa parte, a número 2 pola provincia de Lugo, Lara Méndez tamén animou aos galegos a ser partícipes “do cambio histórico que esperemos para Galicia para ter capacidade de crecemento de futuro”.

Defendeu que apostan por “unha Galicia mellor, pensando nas xeracións futuras coma a miña filla, esa xente que necesita que Galicia sexa forte e teña oportunidades para que fagan o seu futuro aquí”. Deste xeito, quixo animar “a todo o mundo a votar masivamente para que a xente decida realmente que Galicia quere nos próximos 4 anos”.

Pola súa parte, a alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, achegouse á meso do seu colexio electoral ás 14.00 horas. A rexedora exerceu o voto este domingo no centro social Uxío Novoneyra, aínda que previamente iniciara a primeira hora un percorrido polos locais electorais da cidade para coñecer como se desenvolve a xornada.