Skip to main content
Lugo

A Asociación de Veciños San Lázaro ofrece un curso de ximnasia a partir do mes de marzo

Por 24 Febreiro, 2024Sin comentarios

A Asociación de Veciños San Lázaro pon en marcha un novo curso para a súa veciñanza. Neste caso trátase dun curso de ximnasia que se celebrará a partir do vindeiro mes de marzo. Os interesados xa poden realizar as súas inscricións a través do número da asociación, no 614 310 589.

O prazo para matricularse permanecerá aberta ata o martes 26 de febreiro. O máximo de participantes está en 18 persoas que serán seleccionadas por rigorosa orde de chamada ao número do colectivo. O prezo non é fixo, xa que variará en función do número de persoas que participen. Esta proposta súmase ao curso de baile que tamén organizan dende a asociación veciñal e que tamén se comezará a impartir en marzo.