Skip to main content
Lugo

Córtase un carril da Rolda da Muralla para reparar unha tapa de rexistro

Por 22 Febreiro, 2024Sin comentarios

O Concello de Lugo informa dun corte de tráfico previsto este  xoves 22 de febreiro, debido á necesidade de reparación dunha tapa de rexistro na Rolda da Muralla, á altura da intersección coa rúa Luís Cordeiro. Para iso será necesario cortar o carril dereito da Rolda durante aproximadamente 2 horas, previsiblemente a partir das 09.30, unha vez pasado o horario de entrada nos centros escolares, se nese momento as condicións climatolóxicas o permiten.