Skip to main content
Lugo

A hostalaría de Lugo pon en marcha a Ruta do Cocido por (E)TAPAS

Por 22 Febreiro, 2024Sin comentarios

Cinco locais da praza do Campo inaugurarán unha Ruta do Cocido por (E)TAPAS, que conta coa colaboración de Lugo Monumental. Ata o día 17 de marzo, A Adega, Santuario de Magnus, Restaurante Antas, 101 viños e Orixe do Campo impulsan unha ruta que permite degustar cinco diferentes tapas de cocido.

Os locais ofrecen a mesma base (verdura, pataca e garavanzo) e cada un deles unha carne distinta. Cada tapa terá un custo de tan só 3 euros e os clientes que proben as tapas dos cinco locais poderán participar nun sorteo. A orixinal iniciativa de cinco locais da Praza do Campo converterá esta simbólica localización da cidade no punto central da ruta.

Ademais, os clientes poderán participar nun sorteo con diferentes premios. O primeiro consiste nunha visita guiada a unha adega da Ribeira Sacra, o segundo recibirá un lote de cervexas e o terceiro un lote de viños. Para poder participar no sorteo, os clientes deberán obter un folleto da ruta, dispoñible nos cinco locais, e selalo en cada un deles ao consumir a tapa. Só se aceptarán para o sorteo os folletos que conteñan os cinco selos.