Skip to main content
Lugo

Coidemos Lugo organiza unha acción de limpeza e concienciación na Piringalla

Por 26 Febreiro, 2024Sin comentarios

A plataforma Coidemos Lugo organiza o vindeiro 16 de marzo a partir das 17.00 horas unha nova acción. Neste caso trátase dunha acción de limpeza e concienciación sobre a zona da Piringalla.

O punto de encontro será praza Bispo Frei Xosé Gómez. Coidemos Lugo é un movemento social lucense para xerar amor e respecto polo patrimonio, a natureza e o medio ambiente. Na anterior xuntanza, realizada o pasado domingo 28 de xaneiro, un grupo de dez voluntarios percorrerón as rúas do barrio de Recatelo e parte das Costas do Parque. Ademais das cabichas, chicles e papeis habituais na rúa, atoparon latas, botellas (algunhas cheas) ou plásticos.