Skip to main content
Lugo

Lugo será epicentro do sector da nutrición coa organización dun congreso no Vello Cárcere

Por 26 Febreiro, 2024Sin comentarios

O tenente alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, xunto coa concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, visitou o Vello Cárcere xunto con representantes do Grao de Nutrición do Campus de Lugo, que organizarán un congreso internacional de nutrición nesta instalación ao longo do ano 2025.

Arroxo destacou a importancia destas iniciativas que “supoñen los cimentos dunha sociedade consciente e preparada para construir un futuro saudable e sostible a través dunha alimentación correcta e respetuosa con el medio”. Ademais, Rubén Arroxo tivo en conta a elección de Lugo como escenario deste evento, destacando a calidade gastronómica da cidade.

Así, a tenencia de alcaldía continúa a traballar na difusión das últimas novidades no eido da nutrición, facilitando a organización de eventos nas instalacións dependentes da área de Cultura. O MIHL acolleu en 2023 o VI Congreso de Nutrición Alimentación e sostibilidade, organizado pola Asociación de Dietistas-Nutricionistas Universitarios de Galiza, e no 2022 a cuarta edición do ReD-N, congreso a nivel estatal organizado pola Federación Española de Dietistas-Nutricionistas Universitarios.