Skip to main content
Lugo

O Concello pecha temporalmente un tramo do paseo do Miño pola crecida do cauce fluvial

Por 26 Febreiro, 2024Sin comentarios

O Concello de Lugo, a través da Policía Local, procedeu este luns ao peche do tramo do paseo do Miño entre o Balneario e o antigo restaurante O Muíño pola crecida do río ao seu paso pola cidade. Dende a área de Transición Ecolóxica sinalan que deberá evitarse o paso peonil mentres non se poida transitar con seguridade por esta zona.

A estación de aforo do río Miño en Lugo acadou este luns o nivel laranxa, tal e como informou a Confederación Hidrográfica Miño-Sil. A intervención responde, así mesmo, ao aviso da Dirección Xeral de Emerxencias que mantén activado o Plan Especial para o risco de inundacións en Galicia, en fase de preemerxencia, en previsión de crecidas