Skip to main content
Lugo

A Deputación arranxará as goteiras que presenta o Anexo tras reabrir despois das reformas

Por 26 Febreiro, 2024Sin comentarios

Tras a inauguración do Anexo despois das obras de mellora na instalación, varios usuarios queixáronse esta fin de semana de dúas pingueiras que presentaba o pavillón e que podían ser de risco durante a práctica deportiva

Dende a Vicepresidencia da Deputación de Lugo aseguran que os puntos da cuberta no que se produciron as filtracións repararanse de forma inmediata, esta mesma tarde se o tempo o permite. Deste xeito, a área de Deportes dispón dun contrato de mantemento que puxo en marcha en novembro e que permite actuar con axilidade ante as pingueiras que poden producirse en situacións de vento e choiva adversas polo deterioro da cuberta do Anexo.

Estas actuacións puntuais seguiranse realizando ata que se acometa a substitución completa da cuberta, unha intervención necesaria no marco da mellora e modernización das instalacións provinciais que se veñen realizando no último ano.