Skip to main content
Lugo

Manolo González presenta ‘O Benshi de Galicia’ en Lugo

Por 28 Febreiro, 2024Sin comentarios

Este xoves, a partir das 19.00, o autor Manolo González presenta a súa nova obra O Benshi de Galicia. O arrebato cinematográfico de Rey Soto. Na xuntanza intervirán o autor, así como o guionista e produtor Pepe Coira e o editor Henrique Alvarellos.

A obra relata a insólita e descoñecida historia dun cura que foi tamén poeta, bibliófilo, bohemio, sedutor, visionario, sibarita… e inaudito director de cinema. Nos anos vinte chegaría a ser o que hoxe dariamos en chamar toda unha celebrity. En 1922 Antonio Rey Soto (Ourense, 1879-Madrid, 1966) emprendeu un proxecto moi singular: fundar en Vigo a produtora Celta Film e rodar a película Unha viaxe a través de Galicia e Asturias Con ela virará por América en 1923

Posuído dunha extraordinaria oratoria, Rey Soto actuará, en cada proxección, narrando ao os contidos do seu filme, exercendo o papel dun verdadeiro “benshi”, esa figura capital do cinema mudo xaponés, que explicaba a trama a unha audiencia moitas veces analfabeta. O Benshi de Galicia, que está ilustrado con cen fotografas e documentos moi descoñecidos, descóbrenos a peripecia existencial dun home cuxa vida é realmente a trama dunha verdadeira película, na que por certo participa boa parte da intelectualidade galega de comezos do século XX.