Skip to main content
Lugo

O autor Francisco Narla imparte un obradoiro de escritura en Lugo

Por 29 Febreiro, 2024Sin comentarios

O Círculo das Artes programa un obradoiro de escritura con Francisco Narla. O escritor lucense, con máis de 600.000 exemplares vendidos, será o encargado de dirixir a actividade, que se enmarca dentro das actividades gratuítas que o Círculo ofrece aos seus socios en aras á dinamización cultural.

O programa do taller abordará os segredos da escrita, dende os textos de Aristóteles ata os guionistas de Hollywood. Da man do autor, coñeceremos como se contan as historias, analizaremos a transformación das personaxes, e descubriremos que todas as grandes historias, do drama á comedia, comparten un mesmo paradigma.

Será o martes 5 de marzo, en horario de 18.00 a 20.00 horas. Hai prazas limitadas e é precisa inscrición previa nas oficinas do Círculo, ou ben a través de correo electrónico circulodelasartes@yahoo.es