Skip to main content
Palas de Rei

O Castelo de Pambre acolle a mostra ‘Nós’ de Peter Kramer

Por 23 Febreiro, 2024Sin comentarios

Este sábado 24 de febreiro ás 12.00 horas será inaugurada no castelo de Pambre a exposición do artista danés Peter Kramer, Nós, comisariada polo deseñador e galerista coruñés Manolo Eirín e coordinada polo galerista do IEU Braulio Vilariño.

Peter Kramer, artista danés residente en Malpica, expón en Pambre obras tanto de pintura como escultura, nas que supedita o volume e a cor a unha textura cálida e próxima, bicromática, tramada con nós inspirados nas redeiras da Costa da Morte, nós de liño e algodón que, a modo de imaxes pixeladas, achégannos ás nosas raíces culturais.

A exposición, organizada polo Instituto de Estudos Ulloáns coa colaboración do Concello de Palas de Rei, permanecerá aberta ao público do 24 de febreiro ao 14 de abril de 2024.