Skip to main content
Palas de Rei

A Xunta financiará a reparación da cuberta da igrexa de Santa María de Marzá, en Palas de Rei

Por 23 Febreiro, 2024Sin comentarios

O Consello da Xunta aprobou a renovación do convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e as dioceses galegas para contribuír a pequenas actuacións de conservación e mantemento dunha ducia de igrexas parroquiais da súa titularidade que forman parte do patrimonio cultural de Galicia.

Trátase dun acordo que este ano se incrementa nun 40 % ata chegar aos 350.000 euros para realizar intervencións de protección, conservación e rehabilitación nestes bens patrimoniais ao longo do ano.

Así, ao abeiro deste convenio, a diocese de Lugo, intervirá na igrexa de Santa María de Marzá, aquí en Palas de Rei, ademais doutras tres igrexas en concellos de Agolada, Sober e Samos. No caso da Igrexa de Marzá, en Palas de Rei, a actuación está dirixida a reparar a cuberta.

O convenio renovado polo Consello da Xunta forma parte do compromiso do Goberno galego coa conservación do patrimonio cultural de todo o territorio e enmárcase na colaboración estable que a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades mantén coas dioceses galegas para aposta en valor dos bens máis senlleiros.