Skip to main content
Portomarín

A cativada da Aula de Madrugadores de Portomarín conmemorou Día da Paz

Por 2 Febreiro, 2024Sin comentarios

Este martes 30 de xaneiro conmemorábase o Día da Paz. Dende a Aula de Madrugadores do Concello de Portomarín non quixeron deixar pasar a festividade e achegáronlles aos máis pequenos a importancia desta data.

Deste xeito, os nenos e as nenas do servizo traballar sobre a temática e levaron a cabo distintas propostas. O Concello conta co servizo de Madrugadores mediante o programa Concilia e ten un horario de 7.30 a 8.55 horas. O servizo préstase no Colexio Virxe Da Luz. Os interesados poden contactar cos Servizos Sociais no noso Concello.