Skip to main content
Portomarín

Portomarín celebra a oitava edición da Carreira Popular Festa da Augardente en marzo

Por 20 Febreiro, 2024Febreiro 21st, 2024Sin comentarios

O concello de Portomarín prepárase para celebrar unha nova edición da súa Carreira Popular Festa da Augardente. A cita, que cumpre a súa oitava edición, terá lugar o vindeiro domingo 31 de marzo. Os dorsais entregaranse de maneira presencial o propia día da proba nos soportais do pavillón polideportivo Villanueva Cendón a partir das 10.00 horas.

A saída está prevista para as 11.00 horas. Trátase dunha carreira que conta con cinco categorías de competición. A categoría chupete (2020 e posteriores) será a primeira en saír e recorrerán os 100 metros a partir das 11.00 horas. Seguiranlle a categoría A (2016-2019) que se enfronta a 500 metros, a B (2012-2015) que correrán 800 metros.

Por último, saíran os participantes da categoría C (2008-2011) que comprende 1,5 quilómetros e a absoluta (2007 e anteriores) que competirán a partir das 12.30 horas e percorrerán 7,3 quilómetros. O circuíto desenvolverase por varias rúas da vila e polo Monte do Cristo , preto do río Miño. Tanto a saída como meta estarán localizadas nas inmediacións da praza do Camiño, antes Condes Fenosa, a carón da igrexa. O prezo da inscrición é de 3 euros para a categoría absoluta e gratis para as modalidades de menores

Todos os participantes recibirán unha camiseta. No caso da categorías de menores, recibirán ademais unha medalla conmemorativa e un agasallo. Haberá trofeos para os tres primeiros  atletas (masculinos e femininos) de cada categoría. Todos os participantes da modalidade absoluta recibirán un agasallo, ademais o primeiro clasificado farase cunha cesta de produtos típicos da comarca e o segundo e o terceiro recibirán un lote de produtos típicos da comarca. Tamén haberá trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría e premios especiais para o primeiro corredor local.