Skip to main content
Portomarín

Antonio López será nomeado Fillo Adoptivo de Portomarín

Por 29 Febreiro, 2024Sin comentarios

O sacerdote, natural de Palas de Rei, puxo fin no mes de xaneiro a máis de 60 anos de labor pastoral

O municipio de Portomarín nomeará Fillo Adoptivo ao seu sacerdote Antonio López, que puxo fin no mes de xaneiro a máis de 60 anos de labor pastoral. Natural de Palas de Rei, o recoñecemento nace como agradecemento dos veciños do concello, que o acolleron dende o primeiro momento que chegou ao.

López ordenouse cura no 1961 e logo de dous anos chegou ao pobo no que segue sendo moi querido. O párroco da igrexa de San Nicolás, tamén foi sacerdote en San Xoán de Loio, Cortapezas ou San Martiño de Vedro. Os dous grupos da corporación municipal do Concello firmaron o documento, que irá a pleno, para poder conceder o título a Antonio López. O párroco recibirá o nomeamento nun acto, aínda que polo momento descoñécese a data de celebración.