Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAComarca LUGOXAComarca RIBEIRASACRAXAComarca SARRIAXAComarca TERRACHÁXA

O PP gañaría as eleccións pero podería perder a maioría absoluta

Por 5 Febreiro, 2024Sin comentarios

O PP sería o partido máis votado ao lograr o 42,2 % dos votos e un intervalo de escanos de 34 a 38, podendo perder a maioría absoluta no Parlamento galego, segundo o compendio de enquisas electorais que elabora o portal especializado Electomania.es. O BNG sería a segunda forza co 32,9 % e lograría duns 22 a uns 26 escanos. En terceira posición quedaría o PSOE co 20,1 % e podería ter de 13 a 15 escanos.

En relación á anterior sondaxe do CIS, o PP baixa en intención de voto, pero mantén a súa pinza de escanos cunha maioría absoluta (fixada en 38 escanos) que seguiría no fío. O BNG é o partido que máis crece e sitúase claramente en segunda posición como forza máis votada e, por tanto, sería a alternativa a Alfonso Rueda no caso de que puidese sumar co PSdG-PSOE que se mantén máis ou menos estable. Sumar e Democracia Ourensá podería ter un escanos cada un, aínda que todo está bastante no aire.