Skip to main content
Comarca LUGOXAComarca RIBEIRASACRAXAComarca SARRIAXAComarca TERRACHÁXA

Olalla Rodil e Daniel Castro viaxan a Ourense en tren para “evidenciar o illamento ferroviario” de Lugo

Por 6 Febreiro, 2024Sin comentarios

Olalla Rodil e Daniel Castro están a viaxar a Ourense en ferrocarril co obxectivo de “evidenciar o sufrimento das persoas de Lugo día a día cando precisan utilizar un tren do que carecemos na provincia”

Pasada a primeira hora de viaxe, encóntranse en Oural, un percorrido que en coche leva uns 27 minutos. O tren atópase detido debido a unha avaría técnica, sen ter claro que vaian chegar ata Monforte de Lemos en tren ou se será preciso cambiar ao autobús.
“Isto é un exemplo perfecto do illamento ferroviario no que se atopa Lugo, froito de desleixo e abandono de forzas estatais”, afirmou Olalla Rodil. A candidata engadiu que a comunidade “necesita un Goberno forte con Ana Pontón e o BNG á fronte que defenda os intereses das galegas e galegos, especialmente da xente de Lugo”.