Skip to main content
Chantada

O Espazo Xove acolleu a visita de Cristina Pichel, directora xeral de Xuventude

Cristina Pichel Toimil, directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado visitou o Espazo Xove de Chantada para participar no obradoiro de Radio semanal e respostar ás preguntas dos participantes do mesmo.

Por outra banda, durante o mes de febreiro temos a exposición de artesanía de Lorena quintas Rejo ‘Galicia en fíos’, que se poderá visitar do 1 de febreiro ao 1 de marzo de 2024

Lorena Quintas Rejo presenta un conxunto de obras artesanais confeccionadas con fío, empregando o tacto e a habilidade manual como as únicas ferramentas do proceso de elaboración.

Nesta exposición viaxarás a través da cultura e xeografía galegas, os asistentes descubrirán a tradición e o folclore da nosa terra e vivirás unha auténtica experiencia inmersiva coa artesanía.