Skip to main content
Chantada

O Entroido de Chantada celebrouse no mercado gandeiro, repartindo 5.000 euros en premios

Por 11 Febreiro, 2024Sin comentarios

Máis de 250 persoas participaron no Desfile de Comparsas do Concello de Chantada, que fixeron as súas actuacións no mercado gandeiro, evitando saír ás rúas ante as previsións climatolóxicas adversas.

Non quixeron faltar a esta cita co desfile de Chantada, ademais de comparsas locais, otros grupos chegados de Monforte de Lemos, O Carballiño ou Maside e precisamente foron as formación chegadas de fóra as que resultaron premiadas.

Este ano o Concello de Chantada repartía 5.000 euros en premios e entregaba 1.000 euros en axudas á participación e ao remate do desfile celebrouse chocolatada popular coa actuación da orquestra Trébol.

Na Categoría Absoluta, contábase Carrusel (Maside) recibiu o 1º premio de 1.000, euros, Noite de Estrelas (O Carballiño) obtivo o 2º premio de 700 euros, Circo Troula (Monforte de Lemos) acadou o 3º premio de 500 euros e A túa cara sóame (Monforte de Lemos) consguiu o 4º pemio de 300 euros. Ademais, Os Auténticos Artistas (Chantada), Batukada Os Chaíños (Chantada) e Ken fora Barbie (Chantada) tamén foron premiados.

Tamén na Categoría Infantil o desfile contou con grupos chegados de fóra, dos concellos de Palas de Rei e Antas de Ulla. Nesta categoría obtiveron premio La Perla Negra (Antas de Ulla), co 1º premio de 1.000 euros; Mamma Mía Vaia Tolería!!! (Chantada), co 2º premio de 700 euros; África Tribal (Palas de Rei), co 3º premio de 500 euros, e Vaia Circo (Chantada), co 4º premio de 300 euros.