Skip to main content
Folgoso do CourelQuirogaRibas de Sil

O alumnado do IES Río Cabe gañou o premio a mellor equipo na XI Olimpíada de Xeoloxía no Courel

Por 8 Febreiro, 2024Febreiro 9th, 2024Sin comentarios

A XV Olimpíada de Xeoloxía que se celebrou no Xeoparque Montañas do Courel acolleu a participación de máis de 60 persoas a través da Asociación Española de Ensinanzas de Ciencias da Terra.

Profesorado e alumnado do IES Fontem Albei da Fonsagrada, do IES Xoán Montes de Lugo, do IES Rio Cabe de Monforte, do IES Xermán Ancoechea de Trives, do IES Taboada Chivite de Verín, do IES Lago de Antela de Xinzo e do IES Otero Pedrayo de Ourense; participaron nas distintas probas, que consistían nun test de 40 preguntas e unha proba práctica por equipos a través dunha xincana con 12 probas que se desenvolveu polas rúas de Quiroga.

Despois destas probas, repartíronse os premios aos participantes que mellores puntuacións obtiveron, que pasarán á fase nacional da Olimpíada de Xeoloxía, que terá lugar o 13 de abril en Zamora.

Así, o primeiro premio foi para Manuel Vega Soto, do IES Río Cabe Monforte de Lemos; o segundo foi para Carmen López Fernández, do IES Río Cabe Monforte de Lemos; o terceiro foi para Sunai Martínez Zabala, do IES Otero Pedrayo de Ourense; o accesit alumno 4º ESO foi para Pablo Gándara Pérez, do IES Otero Pedrayo de Ourense e o mellor equipo foi o IES Río Cabe de Monforte, integrado por: Manuel Vega Soto, pablo Morillo Camino, Carmen López Fernández, Ximena López.

Na súa visita, o alumnado tamén puido coñecer O museo Xeolóxico de Quiroga e o Centro de Interpretación da Minaría Aurífera Romana de Ribas de Sil.