Skip to main content
Monforte

Monforte celebrou diversos actos para conmemorar o ‘Día Mundial Contra o Cancro’

A tenente de alcalde de Monforte, Gloria Prada e o concelleiro de Obras, Medio Rural, Servizos e Medio Ambiente, José Luis Losada, participaron nos actos de celebración do ‘Día Mundial Contra o Cancro’ que a Asociación Española Contra o Cancro en Lugo organizou ás 12.00 horas na rúa Cardenal de Monforte.

No transcurso do acto, representantes desta asociación en Monforte leron un manifesto con motivo desta conmemoración, e unha paciente oncolóxica tamén aportou a súa testemuña sobre esta enfermidade.

O Concello colabora estreitamente coa Asociación Española contra o Cancro en Monforte, coa cesión de 3 locais para dita asociación, desde os que atenden a enfermos e familiares relacionados con esta enfermidade, e tamén na organización da Carreira contra o Cancro, cuxa última edición celebrouse en novembro de 2023.