Skip to main content
Monforte

O alumnado do ciclo de Calzado e Complementos de Moda do IES A Pinguela realizou un obradoiro

Elena Ferro, recoñecida artesá e deseñadora de zocos de Galicia, estivo no IES A Pinguela para dirixir un obradoiro de elaboración de zocas ao alumnado do ciclo de Calzado e Complementos de Moda e o alumnado aprendeu sobre as partes dás pezas e a súa elaboración, rematando coa creación dun zoco pequecho de xeito integral.

O taller de Elena Ferro de Merza (Cruces) fabrica 4.000 pares de zocos ao ano. A forza de arriscar e de insistir, a deseñadora Elena Ferro conseguiu rescatar os zocos tradicionais do lodo e elevalos á pasarela.

Con todo, hai unha revolución que Elena Ferro considera máis importante que o deseño: a base de madeira. «O deseño é importante, porque entra polos ollos, pero o máis importante é que a base estea ben. Se non che son cómodos os zocos, por moi bonitos que sexan non volves a mercar outro par», explica. «O calzado non pode ser só deseño. Estamos todo ou día encima dos pés e é moi importante estar cómodo», sostén.

Elena Ferro fixo revivir o oficio de zoqueiro compaxinando a fabricación de zocos coa marroquinería. Os zocos Eferro, teñan deseño clásico ou estampado
de leopardo, seguen sendo o que eran: un calzado quente que protexe da auga. Un taller moi interesante que o alumnado apreciou e desfrutou.