Skip to main content
Monforte

Katy Varela e Román Rodríguez destacaron as iniciativas do PP no eido cultural de Monforte

Por 14 Febreiro, 2024Sin comentarios

Román Rodríguez, Katy Varela e outros membros da candidatura PP á Presidencia da Xunta visitaron Monforte, onde Rodríguez subliñou “o compromiso do PP co impulso da cultura e do ensino como polo tractor do desenvolvemento socioeconómico”.

Os populares destacaron como “un claro exemplo” a rehabilitación do Colexio do Cardenal cun investimento que acada os 800.000 euros grazas ao cal se garante a conservación deste inmoble, tras a súa declaración como Ben de Interese Cultural BIC, por ser un dos máis senlleiros de Galicia e un reclamo turístico de primeira orde. Precisamente, a última actuación é a restauración do retablo da capela das Reliquias.

No eido das infraestruturas educativas, puxeron en valor as melloras en cinco centros de Monforte de Lemos como as do Instituto IES Río Cabe, a rehabilitación integral do Francisco Daviña Rey e as instalacións fotovoltaica dos institutos A Pinguela, Río Cabe e o Centro de Educación Especial Infanta Elena que suman un investimento de máis de 2 millóns de euros.

Román Rodríguez e Katy Varela valoraron “as iniciativas pioneiras no eido cultural desenvoltas polo Goberno de Rueda, así como aposta do Partido Popular pola mellora continua de infraestruturas educativas”.