Skip to main content
Sober

O programa ‘Ineco Rural TIC’ chega este luns a Sober

Por 18 Febreiro, 2024Sin comentarios

Profesionais da compañía Ineco comezan este luns labores de asesoramento dixital no Concello de Sober mediante a realización de talleres e accións formativas do 19 de febreiro ao 1 de marzo, para achegar e compartir o coñecemento que posúen os profesionais da compañía en materia de dixitalización cos habitantes do municipio.

Así, o municipio de Sober súmase ao programa ‘Ineco Rural TIC’ para impulsar o desenvolvemento de  proxectos dixitais a través dun convenio firmado coa Ineco.

Este proxecto é unha ferramenta ao servizo da cidadanía que vive nos pobos e pequenos municipios de España, que ten como obxectivo utilizar a potencialidade que achegan as novas tecnoloxías para contribuír a visibilizar e dinamizar o medio rural, impulsando a súa dixitalización social (fomentando e apoiando o das novas tecnoloxías, con especial incidencia na poboación con máis idade) e a súa dixitalización económica (asesorando ao tecido empresarial a través da potenciación do seu posicionamento dixital).

Accións por parte do Goberno local

O Goberno local comprométese a facilitar acceso á rede wifi con cobertura mínima de 4G, facilitando os espazos necesarios para o desenvolvemento destes, acordando cos profesionais de Ineco presentes no municipio os horarios e formato de convocatoria dos mesmos. Tamén se ocupa da estancia dos profesionais de Ineco asumindo o seu custo íntegro.

Ademais, o Goberno local prevé achegar esta formación dixital ao persoal municipal, ao CEIP Plurilingüe Virxe do Carme, á Escola de Hostalería, ás asociacións, á Escola Municipal de Música, así como a todos aqueles veciños e veciñas interesados en ampliar as súas competencias dixitais.