Skip to main content
Sober

Sober acolle unha xornada dedicada ao sector do viño organizada polo GDR Ribeira Sacra – Courel

Por 21 Febreiro, 2024Marzo 26th, 2024Sin comentarios

O Grupo de Desenvolvemento Rural da Ribeira Sacra – Courel organiza unha xornada dedicada ao sector do viño o vindeiro xoves 29 de febreiro.

Baixo o nome de El cambio de variedades en el viñedo: La técnica del sobreinjerto, Vicente Cortés, catedrático emérito de viticultura na UPMadrid e Esteban Ponce de León, responsable de viticultura na Rioxa serán os condutores da xornada, que se desenvolverá no centro sociocultural de Sober a partir das 19.00 horas.

Así, haberá tres temas principais durante a charla: o interese do sobreenxerto no viñedo, as técnicas utilizadas para levalo a cabo e a sostibilidade.

A actividade, que é de entrada libre, necesita dunha inscrición previa para contar coas persoas que van participar.