Skip to main content
Taboada

José Tomé puxo en valor a “capacidade de convocatoria” da Festa do Caldo de Ósos

Por 11 Febreiro, 2024Sin comentarios

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, participou xunto ao alcalde de Taboada, Roi Regueira, na XXXII Festa do Caldo de Ósos que se celebra na praza de Riazón, co apoio da institución provincial, que achega 13.000 euros para a súa organización.

José Tomé subliñou a capacidade de convocatoria e de dinamización da economía local do tradicional encontro, que exalta este prato típico da gastronomía galega elaborado con produtos cárnicos do porco da zona que preparan para a ocasión os hostaleiros locais.

A festa contou con obradoiros, música e numerosos postos de venda de produtos do campo, como lacón, xamón, queixos da Ulloa ou viño da Ribeira Sacra.