Skip to main content
Taboada

Taboada contou cunha zona de degustación con produtos da Ribeira Sacra na saída do Gran Camiño

Por 23 Febreiro, 2024Sin comentarios

Taboada foi escenario da saída da segunda etapa da volta ciclista O Gran Camiño, patrocinada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo e o vicepresidente da Deputación Efrén Castro destacou “a oportunidade que ofrece esta proba para a promoción do territorio, nesta edición, a Ribeira lucense do Miño, que percorrerán os ciclistas”.

Corredores de once dos mellores equipos internacionais, con figuras como Jonas Vingegaard, Egán Bernal, Richard Carapaz ou Carlos Canal, tomaron a saída na avenida de Lugo, a carón da Praza de Riazón, onde a tenencia de alcaldía do Concello de Taboada instalou unha zona de degustación para promocionar os produtos da Ribeira Sacra.

Nos actos previos á saída, durante a presentación dos equipos, o vicepresidente da Deputación, Efrén Castro, o tenente alcalde de Taboada, José Portela, e o concelleiro de Deportes, Cultura e Deportes, Manuel Diéguez, entregaron ao equipo Movistar, no que compite Carlos Canal, un lote de produtos locais.

Os ciclistas percorrerán 151 quilómetros polas estradas de Taboada, Monterroso, Palas de Rei, Guntín, Portomarín, Paradela, O Saviñao e Chantada, onde remata esta segunda etapa da volta ciclista profesional a Galicia, que se retransmitirá en máis de 150 países de distintos continentes a través de Eurosports e medios especializados.