Skip to main content
Taboada

A Asociación de Mulleres Landra de Taboada protagonizará unha actividade sobre feminismo e o rural

Por 28 Febreiro, 2024Marzo 28th, 2024Sin comentarios

Comunidades rurales sostenibles organiza unha actividade o vindeiro 7 de marzo co gallo do Día da Muller, que se celebra o 8M, da man da Asociación de Mulleres Rurais de Taboada, Landra, e o propio Concello do municipio.

Así, baixo o proxecto Comunidades de emprego e emprendemento rural sostible e co nome de Dinamización rural en feminino desenvolverase no salón de actos do Cuartel Vello de Taboada de 17.00 a 19.00 horas.

O programa consistirá na presentación e benvida por parte da Asociación Landra, logo presentarase o proxecto Comunidades de Emprego e Emprendemento Rural Sostible. Acción contra a fame; e logo haberá un parladoiro en feminino e no rural, acabando coas conclusións e unha dinámica de peche.