Skip to main content
Axenda SARRIAXADeportes SARRIAXASarria

O Torneo de Fútbol Sala San Juan 2024 de Sarria terá lugar os vindeiros 21, 22 e 23 de xuño

Os organizadores do Torneo de Fútbol Sala San Juan 2024 de Sarria poñeranse cos preparativos nos próximos días co fin de organizar unha nova edición como a do ano anterior.

Din que “tras os éxitos do ano pasado en San Xoán e o do torneo de Nadal queremos volver organizar un torneo así, que será os días 21, 22 e 23 de xuño, coincidindo co San Xoán”.

Así, agradecen a axuda ao Concello e a todos os colaboradores e anunciantes que achegan colaboración e fan posible que o torneo leve a cabo.