Skip to main content
Axenda SARRIAXASarria

A Irmandade Sarria-Guerlédan representará a Galicia no Trail de Guerlédan

A Irmandade Sarria-Guerlédan colaborará dunha proba deportiva de Gran Bretaña que terá lugar os días 18 e 19 de maio. A proba, que consiste nun Trail, contará coa participación de diversas delegacións, entre elas a galega e sarriá.

Así, foron os organizadores do evento os que contactaron co colectivo para incentivar a súa participación como representantes de Galicia, polo que intermediou coa Federación Galega de Montañismo.

Tras estes contactos, chegouse ao acordo de que participen oito atletas galegos, que estarán no Trail de Guerlédan, xunto con delegacións de Irlanda, Escocia e Illa de Man.