Skip to main content
Axenda SARRIAXASarria

O Encontro de Punkis de Aldea de Sarria xa ten datas e primeiros grupos confirmados

O Buril organiza, un ano máis, o Encontro de Punkis de Aldea o vindeiro 4 de maio de 2024, un festival punk onde as persoas que asistan poderán escoitar música durante todo o día, cunha mestura de sons de diferentes grupos musicais de rock punk.

Por agora, confirmaron catro grupos que participarán neste encontro, que serán Punk D’Aldea Manu Kaso Aparte, Filophóbicas, Menuda Txusta e O sudor do tractorista, aínda que quedan moitos máis con confirmar.

Arturo Carballeira, un dos organizadores deste evento, di que o nome desta iniciativa xurdiu despois dunha noite zombie en Vigo, cando decidiron estrear o novo local, e “o evento foi crecendo, consolidándose como un dos maiores festivais de punk do noroeste do estado español”.