Skip to main content
Láncara

O 17 de febreiro terá lugar a III edición das xornadas técnicas de pesca a mosca en Láncara

Por 1 Febreiro, 2024Febreiro 21st, 2024Sin comentarios

O Clube de Pesca Río Neira de Láncara organiza as terceiras xornadas técnicas de pesca a mosca o vindeiro sábado 17 de febreiro.

A xornada, que comezará ás 10.00 horas no local polifuncional da Pobra de San Xiao, será de balde e incluirá exposición e venta de materiais así como impresión 3D en directo.

Despois da mañá pescando, os participantes poderán xantar todos xuntos o cocido na Taberna Airexe para o que haberá que apuntarse con antelación.

Como pescadores profesionais, atópanse Alejandro Pérez, Joaquín López Quintás, Eduardo Javier Rodríguez, Juan Carlos Ferreiro, Marcos Prado, Jesús Bolaño, Javi López e Marcos Coto.