Skip to main content
Láncara

O PP de Láncara denuncia o estado no que se atopa a área recreativa da Pobra de San Xiao

Por 23 Febreiro, 2024Sin comentarios

O Grupo Municipal de Láncara denuncia o “estado lamentable no que se atopa a Área Recreativa da Pobra de San Xiao, rota, sucia e descoidada, despois de ver, a última vez que nos achegamos a ela, como tamén estaba roto o cristal na caseta dos vestuarios”, explica Olga Capón.

Así, di que dende o PP de Láncara “levamos meses pedindo o acondicionamento de este espazo natural, pero parece ser que para o equipo de goberno, onde xogan os nosos nenos e nenas, e onde pasean ou descansan os nosos maiores, non é importante”, critican.

Ademais, sinalan que non só están os cristais rotos, o bambán está roto, “aos bancos non se lles pasa unha man de pintura en anos, as táboas están rotas, os bancos de pedra están fatal…”.

Os populares sinalan que ademais esta zona recreativa serve de paso e unión entre a urbanización de chalés Playas de Valdriz e a Pobra de San Xiao, “un paseo xeito pola Xunta de Galicia que moita xente usa e ten que pasar pola zona recreativa, vendo estes feísmos”.