Skip to main content
Samos

Samos acolle unha charla informativa sobre o infoconsumo para toda a veciñanza

Por 13 Febreiro, 2024Febreiro 14th, 2024Sin comentarios

A Casa do Concello de Samos acolle unha charla informativa sobre infoconsumo este mércores, 14 de febreiro, a partir das 12.00 horas.

Organizada polo Instituto Galego do Consumo e da Competencia, nesta xornada falarase sobre servizos financeiros e bancarios e sobre a conta de pago básica e a tarxeta.

Todos os veciños e veciñas de Samos interesados en participar desta iniciativa poderán facelo de forma gratuíta e libre, xa que non ten límite de participantes nin custo.